O Concello reforza o sistema de desinfección de marquesinas, entorno do colexio, centro de saúde, rúas céntricas e zonas rurais

 

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, supervisou esta mañá o amplio operativo de limpeza e desinfección que están levando a cabo os traballadores municipais nas marquesinas existentes no municipio, no entorno do colexio, centro de saúde, rúas céntricas e espazos máis concurridos nas principais zonas do municipio.

Estas tarefas de limpeza que se viñan seguindo desde que se decretara o Estado de Alarma en España fanse de forma continua e permanente en todo o municipio pero agora, coincidindo coa volta ao colexio dos nenos e nenas así como o repunte do Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra fai que o Concello da Lama se reforcen agora estas tarefas non só nos lugares máis concurridos do centro urbano senón tamén nos principais espazos de uso común no rural do municipio.

Para realizar estas tarefas, os operarios municipais contan co reforzo que supón dispoler do novo equipamento adquirido polo Concello da Lama, especialmente orientado a labores de prevención e loita contra o coronavirus aínda que pola súa versatilidade utilizase tamén para a limpeza e desinfección de beirarrúas, desentullo de tuberías na rede viaria pública e tamén para destinar a grandes superfecies como os patios do colexio e mesmo o pavillón municipal de deportes.

O kit de limpeza e desinfección vai montado sobre un remolque habilitado para transporte de 750 quilos sobre o que se acompaña dun motor de presión, dous tanques de 400 litros, líquido desinfectante, 50 metros de mangueira e outros tantos para captación de rede de abastecemento de auga ou punto de captación e alimentación a este dispositivo de limpeza.

Ademais está dotado de toda unha serie de accesorios como un prato lavapavimentos, un “rato” para desentullos de tuberías, e lanzadeiras de hidrolavado con alta presión.

Jorge Canda manifestou que aínda que non existe o “risco cero” nos labores preventivos contra o Covid-19 “facemos, dentro das nosas posibilidades, todo o que podemos e a nosa intención é seguir facendo labores de limpeza e desinfección para axudar a previr que poda xurdir algún problema sanitario no noso concello. Así, estanse levando estes traballos de xeito periódico e ininterrumpido non so no centro da vila senón tamén nas 9 parroquias”, indicou o alcalde.

O rexidor tamén se referiu ao kit de limpeza recentemente adquirido polo Concello e cualificou este investimento de moi útil e necesario para que o Concello da Lama poida contar con ferramentas axeitadas para previr e loitar contra a posible presenza do Covid-19 xa que esta máquina limpadora permitirá incorporarlle líquido desinfectante, como pode ser un hipoclorito sódico mesturado nas proporcións axeitadas, para garantir a súa eficacia e sin causar perxuizos ao entorno natural.

Ademais, o alcalde sinalou que pola súa versatilidade, este remolque de limpeza e desinfección ten aplicación práctica en espazos amplios como o propio colexio, o pavillón de deportes ou para o desentullo de tuberías afectadas por atrancos que precisen da actuación deste elemento para lograr manter expelidas os viaductos situados na rede municipal de estradas.