A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do programa Porta a Porta prestará de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores , en unidades móviles que percorrerán diferentes concello do medio rural de Galicia.Os servizos que se prestarán, baixo cita previa serán os seguintes:
-Servizo de audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
-Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés ( eliminación de durezas, control de uñas).
-Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neuroxenerativas, consistente en realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).
BENEFICIARIOS/AS:
Persoas maiores de 55 anos
DATAS: 14, 15 e 16 de XUÑO
HORARIO: DE 9.00 A 20.00
LUGAR: ALAMEDA DA LAMA
CITA PREVIA NOS SEGUINTES NÚMEROS DE TELÉFONO:622 748 283-623 546 992