Publicado no BOP as axudas para o fomento da natalidade e o empadroamento para o ano 2022 no concello da Lama

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/644429)

ANEXO II

EXTRACTO DA CONVOCATORIA

Extracto da resolución de Alcaldía núm. 2022-0357, do día 01/06/2022, pola que se convocan subvencións en materia de AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O EMPADROAMENTO para o ano 2022, polo procedemento de concorrencia competitiva.

De acordo co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarios

Serán beneficiarios da subvención os proxenitores ou adoptantes de menores con residencia fixada no Concello da Lama, no que debe estar empadroado con 12 meses de antelación ininterrompidos, como mínimo, ó feito que motiva a petición da axuda.

Ademáis, para poder obter a condición de beneficiarios, un dos dous proxenitores deberá cumprir as obrigas que se recollen na presente Convocatoria.

Segundo. Obxecto

A subvención ten por finalidade o fomento da natalidade e o empadroamento no Concello.

O importe da subvención non poderá superar os 1.000,00 euros por fillo nado ou adoptado no periodo correspondente entre o 01/01/2021 ao 31/12/2021. No caso de partos múltiples, terase dereito a obter un 40% adicional por un segundo, e un 20% por seguintes fillos.

As axudas repartiranse un 50% no ano da concesión da subvención e o 50% restante no ano seguinte.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están contidas na Ordenanza específica para a concesión de subvencións en materia de AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE E O EMPADROAMENTO, aprobada o día 28/07/2020 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 194, do día 07/10/2020, e na páxina web do Concello.

Cuarto. Contía da axuda

A aplicación orzamentaria á que se lle imputa a subvención é a seguinte 231.480, e a contía total máxima das subvencións convocadas é de 4.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A solicitude irá subscrita por un dos proxenitores ou adoptante e formularase no modelo que figura como anexo desta convocatoria. Dirixiranse ao Alcalde-Presidente do Concello e presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

A solicitude da axuda presentarase durante os meses de setembro e outubro de cada ano polos nacementos ou adopcións que tivesen lugar no ano natural anterior.

Poderanse presentar as solicitudes de forma telemática nos termos previstos no artigo 12 na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Outros datos

Deberanse achegar á solicitude os seguintes documentos:

— Documentos que acrediten a personalidade do solicitante e, de ser o caso, a representación de quen asine a solicitude (copia da escritura de constitución ou modificación, copia da acta fundacional e estatutos, copia do DNI, etc.).

— Certificado de nacemento do recén nacido expedido polo Rexistro Civil correspondente no caso de nacementos.

— Resolución Xudicial no caso de adopcións.

— Certificado de empadroamento do beneficiario que acredite a residencia efectiva no

Municipio durante polo menos os últimos 12 meses de forma ininterrompida, así como de convivencia do beneficiario co recén nacido ou co adoptado.

— Certificado de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como das obrigas de calquer tipo co Concello (Facenda do Estado, Facenda da Xunta de Galicia e Tesourería da Seguridade Social).

— Certificado de conta bancaria (IBAN).

A LAMA, 01/06/2022

JORGE CANDA MARTÍNEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA LAMA