📢 O Concello da Lama abre o prazo de solicitude para participar no programa municipal Ludoteca 2026, DESDE O LUNS 18 DE MAIO, un servizo destinado a favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias do municipio.
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e desenvolverase durante os períodos non lectivos de verán e Nadal, con actividades educativas, lúdicas e de convivencia adaptadas ás diferentes idades.
📅 Períodos:
▪️ Verán: do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2026
▪️ Nadal: do 21 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027
🕘 Horarios:
▪️ Horario normal: de 9:00 a 14:00 h
▪️ Horario ampliado: de 8:30 a 14:30 h
📍 As actividades realizaranse no Edificio Multiusos do Concello da Lama e en espazos exteriores habilitados para o programa.
📝 As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal dentro do prazo establecido nas bases reguladoras.
Toda a información sobre requisitos, documentación e criterios de acceso pode consultarse nas bases oficiais do programa.

